Hackathiño
Mobilidade sostible
7 de Outubro. A Coruña

Inscríbete! Ideas e fontes de datos


*O hackathiño é un hackathon pero máis noso ;)

Fotografías de ipodvp e Santi Villamarín

Qué é isto?

Queremos mellorar a movilidade na nosa cidade e buscamos cómo, a idea é aproveitar os datos abertos para que a xente deixe o coche na casa e vexa a necesidade de moverse dun xeito mais sostible.

Datos abertos

Públicos e con licenzas libres, pensando sempre na reutilización e en mellorar a sociedade.

Tecnoloxía libre

Crearemos proxectos de Software e Hardware Libre, buscando impulsar a innovación aberta e colaborativa.

Filosofía Hacker

Experimentar e aprender con datos, frameworks, APIs e todo tipo de tecnoloxías libres

Multidisciplinar

Periodístas, deseñadores, desenvolvedores, creadores de contido... Todo o mundo é benvido!

Cómo funciona un hackathon?

A idea é pasar 12 horas en equipo creando un prototipo de proxecto tecnolóxico que xenere ou aproveite datos de fontes abertas, todo nun ambiente colaborativo no que aprender moitísimo e pasar un bó rato

  • Terás entre 2 e 3 minutos para contar a túa idea e atraer colaboradores.
  • Cada un escollerá o proxecto no que participar e faremos equipos.
  • Pasarás o día currando, aprendendo e coñecendo xente moi top!
  • Ao final presentaredes o voso proxecto, os mellores teñen premio ;)

Mobilidade sostible

Queremos transformar a mobilidade da man dos datos abertos.


Análise dos datos de uso de Bicicoruña para pedirlle ao concello máis bicis nun punto, visualización do tráfico en tempo real, unha app para que os visitantes poidan coñecer a cidade sen coller o coche...

Se tes unha idea, ou queres contar unha historia con datos abertos, apuntate e faremos un equipo para traballar en ela, entre todos imos mellorar cómo nos movemos pola cidade e quen sabe, igual ata pode sair algunha startup de aquí ;)

Proxectos e datos

Proxectos de referencia

Para ver o potencial dos datos abertos aquí temos unha pequena lista de proxectos que xeneran ou utilizan este tipo de datos, no botón poderás ver ou engadir algún máis que coñezas

Citybik - Compartición de bicicletas

Wheelmap - Accesibilidade en cadeiras de rodas

Red electrica de España - Consumos enerxéticos en tempo real

Madrid en bici - Análise periodístico do uso da bici en Madrid

Ver ou engadir máis exemplos

Fontes de datos

O Concello da Coruña danos acceso a certos datos de movilidade que se obteñen dende a plataforma da Smart City (autobuses en tempo real, bicicoruña, fluidez de tráfico...) e que son moi interesantes para utilizar.

Por suposto calquera outra fonte de datos aberta é benvida, no seguinte post recopilanse as máis interesantes, no dubides en botarlle un ollo ou engadir algunha.

Ver ou engadir fontes de datos

Programa e inscrición

Básicamente así imos pasar o sábado 7 de Outubro, aprendendo entre amigos e coñecendo xente xenial. Non te apuntas?

Horario Actividade
9:00 - 9:15 Benvida e presentación
9:15 - 10:00 Almorzo e creación de equipos
10:00 - 14:00 Hacking time
14:00 - 15:00 Descansiño para comer
15:00 - 20:00 Hacking time
20:00 - 20:30 Exposición de proxectos

Inscríbete!

0

Horas

0

Hackers

0

Proxectos

0

Equipos premiados

ÁGORA

A Coruña

Fotografía de Jose Luis Cernadas
Ver en un mapa más grande

Colaboradores

Graciñas a toda esta xente por axudarnos a montar un evento coma este.

author

GPUL

Organizador
author

ARTICOS

Organizador
author

GDG Coruña

Organizador
author

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Colaborador
author

CORUÑA DIXITAL

Organizador
author

CONCELLO DA CORUÑA

Colaborador

Contacto

Para calquera dúbida ou curiosidade, escríbenos por email ou a través das nosas redes sociais.

info@gpul.org